| |
Dende
a súa fundación no ano 2003, entre os obxectivos
desta Escola destacamos o de acercar o mundo da música a xente
de todas as idades (dende os tres anos en diante), adaptándose
en todo o posible as necesidades ou obxectivos do alumno, ben sexa nas
asignaturas que ofertamos (máis de vinte como canto, piano,
saxofón, guitarra, baixo, gaita...),
como horarios flexibles (abrimos de luns a sábados, e horarios
de mañán e de tarde).
A ubicación da escola nos Duráns, en Vilagarcía
de Arousa, a uns 200 mts do Concello, favorece a afluencia de persoas
de todalas idades e tanto de Vilagarcía como dos concellos limítrofes,
que queren incrementar, perfeccionar ou adquirir coñecementos musicais.
Co fin de atender
esta demanda en condicións, así como de mellorar a calidade
das materias impartidas, a Escola de música CODA afrontou
a principios de 2007 un reto tan importante como é o de cambiar
de local, dispoñendo actualmente de 6 aulas totalmente acondicionadas
e preparadas para o estudio e ensaio musical con novas e modernas instalacións,
potenciando a posta en marcha de novos proxectos e asignaturas como a
Informática Musical, Alquiler de Aulas de estudio
insonorizadas...
A Escola
de Música CODA naceu gracias á iniciativa de dúas
rapazas que tras rematar os seus estudios musicais, decidiron iniciar
a difícil tarefa de montar unha escola de música privada,
actualmente hai máis de 10 profesores que teñen en común
xuventude, experiencia e formación tanto musical
coma nos escenarios aportando ó alumnado todo o necesario para
ir progresando no mundo da música.
As novas instalacións permitiron que a Escola de Música
CODA avanzara en novos campos como é o Baile, así actualmente
ofertamos Bailes de Salón, Danza Oriental, Baile
Moderno e a sempre espectacular Capoeira.
Infórmate sen compromiso
Escola de Música CODA
r/ Ramón Otero Pedrayo, nº 9
36600 Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
Tfno: 986502181 - 616599290
email: escolamusicacoda@escolamusicacoda.es |
|
|
|